16/11/09
Google Docs versus Office
Dave Girouard, presidente da división empresarial de Google, afirmou que no periodo dun ano Google Docs chegará ao nivel de Office. Aínda que recoñece que a súa alternativa non está o suficientemente preparada nestes momentos, asegura que, a partir do próximo ano, as actualizacións que se levarán a cabo en Docs, permitirán a toda aquela persoa que o desexe desfacerse de Office. Girouard tamén afirma que Office "é demasiado" para moitos usuarios e que no momento no que Google Docs esté a súa altura, unha gran maioría apostará pola alternativa do xigante deixando Office para quen precise funcións adicionais.
Fontes: MuyComputerPro, Google.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario