16/11/09

Google Docs versus Office



Dave Girouard, presidente da división empresarial de Google, afirmou que no periodo dun ano Google Docs chegará ao nivel de Office. Aínda que recoñece que a súa alternativa non está o suficientemente preparada nestes momentos, asegura que, a partir do próximo ano, as actualizacións que se levarán a cabo en Docs, permitirán a toda aquela persoa que o desexe desfacerse de Office. Girouard tamén afirma que Office "é demasiado" para moitos usuarios e que no momento no que Google Docs esté a súa altura, unha gran maioría apostará pola alternativa do xigante deixando Office para quen precise funcións adicionais.

Fontes: MuyComputerPro, Google.

Twitter disponible en español.


Twitter xa está disponible en español. Convírtese así no terceiro idioma no que se pode navegar por esta rede social despois do inglés e do xaponés.
Grazas a voluntarios entusiastas que se dedicaron a traducir dita páxina, os usuarios xa poden cambiar ao español a súa interfaz na opción de "Configuración".
A aparición de novos idiomas nesta rede social forma parte da estratexia de Twitter para chegar a unha maior cantidade de persoas e continuar a súa expansión.

Fontes: El Mundo
Enlace

3/11/09

Presentación sobre sistemas operativos.

Esta é unha presentación que fixen eu sobre sistemas operativos na clase de TIC. Espero que vos guste.

2/11/09

Membros falecidos terán o seu espazo en Facebook.

Facebook, rede social á que pertencen máis de 300 millóns de persoas, creará un espazo para os seus membros falecidos.
O perfil do defunto será privado e para que este figure nese novedoso panteón débense achegar probas que confirmen que realmente se coñece a esa persoa e un certificado que verifique a súa morte. Ademáis, a rede social comprométese a retirar as fotografías e mensaxes do falecido co obxectivo de evitarlle aos seus achegados pasar por un mal momento. Dende o momento no que o usuario falece familia e achegados poden deixarlle mensaxes no seu muro.

Fontes: CiberPaís