Nesta entrada explicarei os archivos de audio máis comúns. Será unha breve explicación de cada un coa finalidade de que quede claro como se emprega.
- WAV: É un formato de audio dixital sen compresión, propiedade de Windows, que se utiliza para almacenar sonidos no PC, admite arquivos mono e estéreo e a sùa extensión é .wav Pode ser empregado por profesionais xa que non ten pérdida de calidade. A súa grande limitación é que só se poden grabar arquivos de ata 4 gigabytes, que equivale a 6.6 horas en calidad de CD de audio.En Internet non é popular debido a que os formatos sen compresión son moi grandes.
- WMA (Windows Media Audio): É un formato de compresión de audio con pérdida. Aínda que o soporte deste formato amplióuse dende Windows Media Player e agora está disponible en varias aplicacións e reproductores portátiles. Como curiosidade dicir que, a diferenza do mp3, este formato conta cunha infrastuctura para protexer o Copyright .
- MP3: A súa denominación orixinal é MPEG-1 Audio Layer 3, aínda que se conoce por MP3. É un formato de audio digital comprimido con pérdida desenrolado por Moving Pictures Experts Group. É un dos máis coñecidos e o máis empregado.
Fonte: Wikipedia
10/5/10
17/3/10
4/12/09
Mapa dos lugares de interese da Estrada.
Ver A Estrada según Fátima nun mapa máis grande
Este é o mapa que realicei con Google Maps mostrando os lugares de interese que podemos atopar na Estrada e comarca.
16/11/09
Google Docs versus Office
Dave Girouard, presidente da división empresarial de Google, afirmou que no periodo dun ano Google Docs chegará ao nivel de Office. Aínda que recoñece que a súa alternativa non está o suficientemente preparada nestes momentos, asegura que, a partir do próximo ano, as actualizacións que se levarán a cabo en Docs, permitirán a toda aquela persoa que o desexe desfacerse de Office. Girouard tamén afirma que Office "é demasiado" para moitos usuarios e que no momento no que Google Docs esté a súa altura, unha gran maioría apostará pola alternativa do xigante deixando Office para quen precise funcións adicionais.
Fontes: MuyComputerPro, Google.
Twitter disponible en español.
Twitter xa está disponible en español. Convírtese así no terceiro idioma no que se pode navegar por esta rede social despois do inglés e do xaponés.
Grazas a voluntarios entusiastas que se dedicaron a traducir dita páxina, os usuarios xa poden cambiar ao español a súa interfaz na opción de "Configuración".
A aparición de novos idiomas nesta rede social forma parte da estratexia de Twitter para chegar a unha maior cantidade de persoas e continuar a súa expansión.
Fontes: El Mundo
3/11/09
Presentación sobre sistemas operativos.
Esta é unha presentación que fixen eu sobre sistemas operativos na clase de TIC. Espero que vos guste.
2/11/09
Membros falecidos terán o seu espazo en Facebook.
Facebook, rede social á que pertencen máis de 300 millóns de persoas, creará un espazo para os seus membros falecidos.
O perfil do defunto será privado e para que este figure nese novedoso panteón débense achegar probas que confirmen que realmente se coñece a esa persoa e un certificado que verifique a súa morte. Ademáis, a rede social comprométese a retirar as fotografías e mensaxes do falecido co obxectivo de evitarlle aos seus achegados pasar por un mal momento. Dende o momento no que o usuario falece familia e achegados poden deixarlle mensaxes no seu muro.
Fontes: CiberPaís
Suscribirse a:
Entradas (Atom)